Envía as túas fotos para o calendario municipal

Como xa informamos nesta mesma web, o Concello de Valdoviño vai confeccionar un ano máis o calendario municipal. Para a edición de 2013 gustaríanos contar coa participación dos veciños.

O Concello pon en marcha "VAGALUME", Programa de Educación Familiar na etapa preescolar

O Concello de Valdoviño vai poñer en marcha "VAGALUME", un programa de educación familiar na etapa preescolar. As inscricións poderán realizarse ata este xoves, 8 de novembro, no departamento de Servizos Sociais (teléfono 981 487 041 ext. 5).
 
Para concretar o horario e lugar, será preciso valorar as inscricións, polo que se fará unha reunión posterior coas persoas interesadas para fixar ditos aspectos.
 

Cursos na Biblioteca

A concellería de Cultura organiza diversos obradoiros para este curso 2012-13:

  • Alfabetización dixital con Internet (dende decembro ata febreiro). Inscricións ata o 23 de novembro.
  • Curso de estimulación cognitiva para maiores (dende novembro ata xuño).
  • Curso de stretching para maiores (dende novembro ata xuño).

Pódese obter máis información na Biblioteca ou chamando aos teléfonos 981 487 666 ou 981 492 311.

O día 31 ábrese o prazo da convocatoria das axudas económicas de pago único ás familias para a escolarización de fillos/as, curso 2012-2013

As axudas da presente convocatoria estarán destinadas a cubrir gastos de compra de material escolar (incluindo roupa e calzado realacionada co inicio da actividade escolar), quedando excluídos os libros únicamente para as familias que poidan ser beneficiarias da beca da Xunta de Galicia.
 
Serán beneficiarias as familias con menores que cursen estudos de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria Obrigatoria. Limítase o importe da axuda a 200 euros como máximo por menor.
 
O prazo para presentar solicitudes comprende do 31 de outubro ao 9 de decembro de 2012.

Galizamushing, rumbo ao Campionato de Europa

O actual subcampión de Europa de mushing sobre terra, o valdoviñés Roberto Lorenzo, partirá este luns 29 cara á localidade alemana de Christianslust, moi preto de Dinamarca, onde participará no Campionato de Europa de mushing como compoñente do equipo español na categoria 8R (oito cans).
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS