Protección Civil retira unha colmea de velutina

Protección Civil de Valdoviño retirou este martes unha colmea de vespa velutina localizada nunha casa da parroquia de Vilarrube.
 
A Xunta de Galicia ten publicada na súa web un protocolo especial (en pdf) sobre esta avespa asiática. En caso de algún avistamento, prégase chamar ao 012 ou a Protección Civil (639 107 671 ou 628 755 943).

Curso de horticultura e floricultura (para persoas desempregadas)

Rede Xiana 2. O curso dara comezo o próximo luns 3 de agosto en Cerdido e terá unha duración total de 800 horas. A formación téorica comprenderá dende o 3 de agosto ao 30 de decembro aproximadamente, data a partir da cal dará comezo o período de prácticas cuxa duración dependerá do número de horas diarias a realizar establecido nos plans de traballo acordados entre o centro de prácticas e os/as alumnos/as.

O prazo de inscrición remata o 24 de xullo.
 
A documentación a remitir é a seguinte:

Xogando con globos

Xogando con globos

Nifu Nifa Animación presenta este domingo 12 de xullo "Xogando con globos", un espectáculo para público familiar. No parque da praia da Frouxeira ás 19:30.

Se por mor do tempo non se puidese facer no parque da praia trasladarase á Casa da Cultura e dará comezo media hora máis tarde. Nese caso poñerase un cartel informativo na caseta de socorrismo.

 

OcioSol 2015

Programa de actividades

O verán deportivo chega a Valdoviño co OcioSol, que este ano propón cinco actividades diferentes:

Protocolo de Coordinación de Atención Temperá

A Rede Galega de Atención Temperá (Secretaría Xeral de Política Social) é un espazo común de coordinación e corresponsabilidade entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais para prestar aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos así como ás súas familias e ao seu contorno, unha actuación integral en atención temperá.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS