Formación Proxecto Rede Xiana II

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, a través do proxecto Rede Xiana II, abre un proceso de captación de alumnado extraordinario (urxente) para as seguintes accións formativas que estaban pendentes de realizar:
- Comercialización e venda electrónica (30 horas) Abril 2015 en San Sadurniño
- Xerente de empresas de economía social (116 horas) Abril - Maio 2015 en San Sadurniño

Vagalume 2014-2015

O Programa Vagalume, programa de educación familiar na etapa preescolar, está facer os preparativos para o peche deste curso. Numerosas actividades darán por finalizado o programa. Ver adxunto.

Bando: Consulta do censo electoral

O Alcalde-Presidente do Concello de Valdoviño FAI SABER:
 
En virtude do establecido na modificación da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, establecida pola Lei Orgánica 1/2003, de 10 de Marzo, o Concello porá a disposición pública a CONSULTA DO CENSO ELECTORAL deste Concello, por medios informáticos e unha relación das mesas electorais, nas oficinas municipais, Negociado de Estatística do 6 ao 13 de Abril inclusive, podendo dentro do dito prazo consulta-lo censo e presentar se procede reclamación.
 

Mercado Mariñeiro de Valdoviño 2015

Feira Mariñeira

Valdoviño acollerá entre os días 2 e 5 de abril un Mercado Mariñeiro, que contará coa actividade de 25 a 30 postos de artesanía, produtos de segunda man e alimentación e que farán ao visitante percorrer unha chea de posibilidades culinarias mariñeiras e de probalas nestes mesmos postos.

O mercado inaugurarase o xoves día 2 de abril as 11:00 da mañá e manterase aberto ata o domingo 5, en horario de 11:00 a 21:00 horas.

Descrición dos diferentes postos:
 
Postos de Artesanía:
• Coiro.
• Habanos.
• Barro.
• Cesteiría.
• Vidro.

Campamentos de verán 2015

Está aberto o prazo até o 8 de abril inclusive para solicitar os campamentos de verán deste ano organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
 
Para máis información poden consular a web www.xuventude.net ou o Diario Oficial de Galicia número 56 do martes 24 de marzo de 2015, a partir da páxina 11547.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS