Entrega de diplomas ás alumnas do curso sociosanitario impulsado polo Concello

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, entregou os diplomas ás alumnas que, entre os meses de maio e outubro, tomaron parte no curso “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”.
 

Concello e Deputación habilitan unha rotonda para reforzar a seguridade vial na baixada á praia da Frouxeira

Rotonda baixada praia Frouxeira

Deputación da Coruña e Concello de Valdoviño deron por concluída esta semana a construción dunha rotonda na estrada provincial de baixada á praia e entorno da lagoa da Frouxeira.
 

Xuntanzas veciñais en Meirás, Lago, Valdoviño e Sequeiro sobre os orzamentos

As primeiras reunións veciñais convocadas polo Concello de Valdoviño para recabar as propostas, queixas e necesidades das diferentes parroquias arrancarán esta fin de semana.
 
Será este sábado nos locais veciñais de Meirás (11 horas) e Lago (17 horas), e o domingo na Casa da Cultura de Valdoviño (11 h) e antiga unitaria de Sequeiro (17 h).

Karaoke e baile en Sequeiro para despedir ata o vindeiro ano os talleres de musicoterapia para maiores

Musicoterapia Sequeiro

A antiga escola rural da Carreira, en Sequeiro, acollía onte á tarde a última sesión deste curso dos obradoiros e musicoterapia promovidos polo Concello de Valdoviño.
 

O Concello conclúe as obras de mellora no acceso ó pantalán das Forcadas

Vial pantalán As Forcadas

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá do remate dos traballos de construción do novo acceso ó pantalán das Forcadas.
 
Esta intervención permitiu ensanchar a pista ata os catro metros e facilitar así o paso de autocares e tamén turismos con remolque. Así mesmo, e grazas á cesión de terreos por parte de veciños e tamén da Cooperativa de Vilaboa, o Concello puido habilitar unha zona de aparcadoiro no entorno.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS