Open de surf, longboard e paddle en Pantín

Este fin de semana celebraranse na praia de Pantín a segunda proba open de surf do Circuíto Galego 2013, proba clasificatoria para a final do Campionato de España, e a segunda proba open de longboard e paddle do Circuíto Galego 2013.
 
A competición está organizada pola Federación Galega de Surf e conta coa colaboración do Concello de Valdoviño, TSP e a Escola de Surf de Pantín entroutros. O programa previsto deixa a proba de surf open masculino exclusivamente para o domingo, debido á previsión de ondas moi favorables.

Aberta a selección de persoal para a campaña de limpeza de praias

O Concello de Valdoviño abre o prazo para presentar solicitudes para a campaña de limpeza de praias 2013.
 
Os interesados deben dirixirse ao Rexistro municipal, en horario de 9 a 13 horas (sábado de 10 a 13 horas). O prazo de presentación de solicitudes remata o martes 25 de xuño.
 
Máis información na sección de convocatorias da web (Selección de persoal para a campaña de limpeza de praias 2013) ou no teléfono 981 487 041.

Feirón de xullo: aeromodelismo e solidariedade

Cartel para o 13 de xullo

O feirón mensual de Valdoviño continúa dando os primeiros pasos e para a súa segunda edición, o 13 de xullo, amplía o seu horario a todo o día, polo que os postos estarán abertos dende as 09:00 horas ata última hora da tarde.
 
Nesta ocasión o feirón estará dedicado ao aeromodelismo, polo que as persoas que se acerquen polo recinto poderán atopar actividades relacionadas con esta especialidade, ademais dos postos habituais.
 

Adxudicado o servizo de limpeza en edificios municipais

A xunta de goberno local adoptou acordo de adxudicación do servizo de limpeza en diversos edificios municipais do Concello de Valdoviño.
 
O contrato adxudícase á empresa Limpergal, S.L., cun prezo total de 56.749 euros e un ano de duración.
 
Toda a información sobre esta licitación está dispoñible no perfil de contratante da web: Servizo de limpeza de edificios municipas 2013.

Proxección do filme "O Apóstolo"

As actividades organizadas en torno ao II Festival Enxebre comezan no Camping municipal da Lagoa coa proxección do filme O Apóstolo. Este venres 7, ás 22:00 horas.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS