Enviado por Servizos Sociais a Lun, 13/07/2015 - 09:48
Rede Xiana 2. O curso dara comezo o próximo luns 3 de agosto en Cerdido e terá unha duración total de 800 horas. A formación téorica comprenderá dende o 3 de agosto ao 30 de decembro aproximadamente, data a partir da cal dará comezo o período de prácticas cuxa duración dependerá do número de horas diarias a realizar establecido nos plans de traballo acordados entre o centro de prácticas e os/as alumnos/as.
Nifu Nifa Animación presenta este domingo 12 de xullo "Xogando con globos", un espectáculo para público familiar. No parque da praia da Frouxeira ás 19:30.
Se por mor do tempo non se puidese facer no parque da praia trasladarase á Casa da Cultura e dará comezo media hora máis tarde. Nese caso poñerase un cartel informativo na caseta de socorrismo.
Enviado por Servizos Sociais a Mér, 08/07/2015 - 09:06
A Rede Galega de Atención Temperá (Secretaría Xeral de Política Social) é un espazo común de coordinación e corresponsabilidade entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais para prestar aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos así como ás súas familias e ao seu contorno, unha actuación integral en atención temperá.
Enviado por Servizos Sociais a Ven, 03/07/2015 - 13:20
O tribunal cualificador da contratación de persoal para o Servizo de limpeza de praias (2015) vén de presentar as propostas de contratación e reserva de candidatos.