Aberto o prazo de inscrición do pavillón

O Concello de Valdoviño, a través dun bando (Bandos), informa aos clubes deportivos e a aqueloutras entidades que queiran facer uso do pavillón municipal do Longoiro, que este venres 25 de setembro ábrese o prazo para a solicitude de reserva do mesmo para a tempada 2015-16.
 
Os interesados deberán cubrir o impreso adxunto e presentalo no Rexistro Municipal, sendo a data límite para facelo o vindeiro 2 de outubro.

Actividades deportivas municipais 2015-16

O Concello de Valdoviño presenta a súa oferta de actividades deportivas municipais para a tempada 2015-16.
 
Os deportes propostos, sempre que haxa un grupo mínimo para realizalos, son:

IV Milla Urbana Concello de Valdoviño

Este domingo celebrouse no entorno da praia da Frouxeira a cuarta edición da Milla Urbana Concello de Valdoviño.
 
O triunfo en categoría senior foi para o corredor do clube de Atletismo Sada, Abdelkader Bouguerrodj. O resto de resultados da proba, na que participaron máis de cen atletas, pode consultarse no documento adxunto.
 
Tamén está dispoñible nesta web unha galería con imaxes da competición: IV Milla Urbana Concello de Valdoviño

Talleres culturais 2015-2016

O Concello de Valdoviño programa os seguintes talleres culturais para este ano:

  • Escola de música, de outubro a maio. Con piano, percusión e guitarra, a partir de 6 anos e adultos, os mércores en horario de tarde; linguaxe musical, de 3 a 6 anos, os venres á tarde.
  • Taller de danza creativa, para idades de 4 a 11 anos. O horario será os xoves á tarde.

Inscricións e información durante o mes de setembro na Casa da Cultura, de 09:00 ás 13:00 horas, ou no teléfono 981 487 666.

IV Milla Urbana Concello de Valdoviño

O vindeiro domingo celébrase a IV Milla Urbana Concello de Valdoviño. Os interesados en inscribirse na proba poden facelo a través da web Carreiras populares ata as 20:00 horas do mércores 16.
 
A milla está organizada polo Concello e a Deputación e forma parte do III Circuíto provincial de carreiras populares Deputación da Coruña.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS