O Concello de Valdoviño instala na cooperativa de Meirás un colector para a reciclaxe de aceite de uso doméstico

A Concellería de Medio Ambiente de Valdoviño instalou na cooperativa de Meirás un colector para facilitar a reciclaxe do aceite de uso doméstico para a súa reutilización.
 
Segundo explicou o concelleiro de Servizos, Benito Vega, súmase así ós ubicados nas cooperativas de Lago e Vilaboa no mes de setembro. No caso de Meirás, foi preciso esperar á conclusión das obras que se estaban a realizar naquel momento.
 

VII Xuntanza Solidaria de Nadal e teatro infantil en Valdoviño este domingo

A Casa da Cultura será o escenario este domingo, 11 de decembro, da VII edición da Xuntanza Solidaria de Nadal organizada conxuntamente polo Concello de Valdoviño e as entidades veciñais e culturais do municipio.
 
Unha convocatoria na que a veciñanza poderá disfrutar de baile e música e chocolatada, así como da visita do apalpador. A cambio, e en lugar de entrada, poderán colaborar coa causa solidaria que está detrás da cita: a recollida de xoguetes de cara ó Nadal.
 

O Concello de Valdoviño abre o prazo para que nenos e nenas que desexen acompañar ós Reis Magos na Cabalgata se apunten

O Concello de Valdoviño vén de abrir o prazo de inscrición na Cabalgata de Reis.
 
Así, os nenos e nenas que desexen acompañar ós Reis Magos no seu percorrido polo municipio cara a Casa da Cultura deben anotarse previamente. Poden facelo a través do teléfono 981 48 76 66 ou do correo electrónico cultura@concellodevaldovino.com
 

Valdoviño dá a coñecer en Galicia o seu patrimonio cultural a través da feira Culturgal

Culturgal

Por primeira vez, o Concello de Valdoviño tomou parte a pasada fin de semana en “Culturgal. Feira das Industrias Culturais”.
 

A Aula da Natureza, Punto de Atención á Infancia de Valdoviño, contará con 20 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

Aula da Natureza

Valdoviño contará o próximo ano cun Punto de Atención Infantil que permitirá a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos fogares con fillos e fillas de cero a tres anos. Cumplirase así unha vella reivindicación veciñal e suplirase unha importante carencia no municipio.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS