Alerta vermella na costa

Ante a alerta vermella establecida na nosa costa para este luns, con ondas de 8 a 9 metros, o Concello de Valdoviño recomenda non achegarse ás zonas costeiras.
 
Previsión de Meteogalicia para hoxe.

Entroido 2016

Xa chega o Carnaval: este sábado celébrase a V Festa infantil do Entroido de Valdoviño. No pavillón do Longoiro, a partir das 17:00.
 
Un sábado máis tarde será o turno do Festival de comparsas 2016. Aquí están as (Bases do Festival de comparsas do Entroido), a folla de inscrición e o anexo onde se explica a posibilidade e condicións para participar no pasarrúas. O festival comezará ás 17:30 horas.
 

Convocatoria dunha praza de operario de maquinaria

O Concello de Valdoviño convoca a selección dun operario de maquinaria baixo a modalidade de contrato laboral temporal, así como creación de bolsa de emprego para cubrir prazas de xeito temporal dun operario de maquinaria.
 
Os interesados deberán presentar a documentación esixida non máis tarde do 13 de febreiro (dez días contados dende a publicación do anuncio de convocatoria no BOP).
 
As bases da convocatoria están dispoñibles no documento adxunto.

Xuntanza co conselleiro de Política Social

O encontro tivo lugar na Consellería

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, xunto coa teniente de alcalde, Rosana García, e os concelleiros Jessica Sabín e Sergio Saavedra mantiveron este venres unha reunión de traballo co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, na que abordaron diversos temas do ámbito da súa Consellería, co obxecto de ampliar os servizos de ámbito social no noso concello.

Xuntanza do Grupo de Desenvolvemento Rural

Unha vintena de entidades e profesionais do municipio asistiron a reunión convocada polo Concello e o Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste, de cara a explicar a formalización do novo período 2014-2020.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS