Enviado por Comunicación a Xov, 28/11/2019 - 14:37
A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura exposición este domingo 1 de decembro. Trátase da mostra «Mimenina», dos usuarios e usuarias do CAMF-Ferrol. Unha serie de traballos creativos inspirados nas Meninas de Canido elaborados por persoas con diversidade funcional. Poderá visitarse durante todo o mes en horario de 9 a 14 horas martes e mércores e de 12 a 14 e de 16 a 19 horas de xoves a domingo.
Enviado por Comunicación a Mér, 27/11/2019 - 10:02
O calendario municipal para o 2020 xa ten as súas fotografías de autor. Son Cristina Freire, Esperanza Vázquez, Inés González, Gustavo Lamas, Jacobo Núñez, María Aneiros, Mario Rodríguez, Álvaro Núñez, Carlota Montero, Alberto Valero e María Hermitas Couce. As súas imaxes foron seleccionadas polo Concello para ilustrar o calendario, que se presentará e repartirá gratuítamente nun acto a celebrar o 22 de decembro na Casa da Cultura.
Enviado por Comunicación a Mar, 26/11/2019 - 13:50
Unha comitiva de persoas con discapacidade, chegada de distintos puntos do país, visitou esta mañá o Concello de Valdoviño dentro do marco da iniciativa TravelIN. Unha Viaxe para tod@ s, para vivir unha experiencia de turismo activo e accesible. Esta iniciativa forma parte do proxecto de ASCM e a Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra. A visita, que arrincou o pasado domingo, finalizará mañá con excursións a Fene, Neda e Ferrol.
Enviado por Comunicación a Mar, 26/11/2019 - 12:38
Coincidindo co Día contra a Violencia Machista, o Concello de Valdoviño presentaba onte, 25-N, a Estratexia Municipal de Prevención de Violencias Machistas e Fomento da Igualdade entre Mulleres e Homes 2019-2023. O escenario elixido era a Casa da Cultura, nun acto aberto á veciñanza, e presidido polo alcalde, Alberto González. Xunto a el, a concelleira de Igualdade, Ana Belén Pérez; a educadora social, Iria García, e a responsable da cooperativa Arabías, Beatriz López, que guiou o traballo de elaboración.
Enviado por Comunicación a Mar, 26/11/2019 - 12:36
Os «Contos para o bo trato» chegaron hoxe ás escolas unitarias do noso municipio. A través dos contos de Lorena Hermida e Jorge Casas, nenas e nenos achegáronse aos valores relacionados coa diversidade sexual, persoal e a igualdade. Unha iniciativa incluída no programa municipal de igualdade e prevención das violencias machistas «Somos e Contamos» que impulsa o Concello de Valdoviño neste caso, coa colaboración do CRA O Esquío.