Talía Teatro trae este domingo a Valdoviño a súa comedia “Pelos na lingua”

A programación cultural deseñada polo Concello de Valdoviño para o mes de maio continúa este domingo co espectáculo « Pelos na lingua », a cargo de Talía Teatro. Celebrarase no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19 horas con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. A proposta inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña e está recomendada para un público maior de 13 anos.
 

Un excelente para todas as praias de Valdoviño respecto á calidade das augas

O Concello vén de recibir a notificación da Consellería de Sanidade, que califica así ós areais locais na presente tempada de baño
 

As “lecturas compartidas fóra do centro” CPI Atios continúan este venres en Lago

Última sesión celebrada en Pantín

O programa “Lecturas compartidas fóra do centro” que impulsan o CPI Atios e o Concello de Valdoviño celebrará mañá venres, 11 de maio, unha nova sesión. E farao trasladándose á parroquia de Lago. No seu local social, desenvolverase o encontro interxeneracional entre o alumnado de 5º B e as persoas maiores da parroquia. Será a partir das 10,30 horas e todo aquel que esté interesado en asistir está convidado.
 

As mellores praias, con e sen bandeira azul, están en Valdoviño

O Concello decidiu este ano non concurrir á convocatoria de ADEAC para a concesión de bandeiras azuis polos requisitos impostos, que afectarían á propia natureza dos areais do municipio
 

Valdoviño acollerá este verán os cursos da campaña de vela da Deputación

Vela nas Forcadas

O Concello de Valdoviño acollerá este ano, entre o 6 e o 10 de agosto, os cursos da campaña de vela 2018 da Deputación da Coruña. Neles poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS