Verán saudable: Tai-chi

O Concello de Valdoviño organiza para este verán sesións de tai-chi dirixidas a maiores de 55 anos (que non teñan problemas de saúde que dificulten a práctica de exercicio físico).
 
Esta actividade é gratuíta e celebrarase do 17 de xullo ao 16 de agosto, os martes e xoves, de 11:30 a 13:00 horas.
 
Os interesados en practicar o tai-chi poderán inscribirse dende o 11 de xuño ata o 11 de xullo no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981487041 - ext.5. As prazas son limitadas e serán adxudicadas segundo a orde de inscrición.

A concentración moteira de Fojeteiros visita Valdoviño

Concentración moteira Fojeteiros 2012

Valdoviño acollerá este domingo, 3 de xuño, aos participantes na VII Concentración moteira "Cidade de Narón" - II Xornadas de Turismo Activo, organizada un ano máis polo Moto Club Fojeteiros.
 
O evento, que conta coa colaboración do Concello de Valdoviño, comeza o venres ás seis do serán e inclúe entre as actividades organizadas unha ruta polo noso municipio.
 

Xuntanza de maiores do Carballiño

O Concello de Valdoviño participará un ano máis na Xuntanza de maiores do Carballiño, organizada pola delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
 
A XXXIV edición celébrase o día 9 de xuño no lugar habitual (Parque Municipal do Carballiño).
 

Oficinas pechadas o martes 22

Con motivo da festividade de Santa Rita as oficinas municipais permanecerán pechadas este martes 22 de maio.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS