"MIMATE": Obradoiro de Sexualidade na Madurez

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, co financiamento da Deputación da Coruña dentro do Programa de Envellecemento Activo 2013, levará a cabo a próxima semana un obradoiro sobre sexualidade na madurez, "MIMATE".
 
O obradoiro vai dirixido a persoas maiores de 55 anos de ambos sexos.
 
Lugar: Auditorio - Casa da cultura
 
Martes 17 de 18:00 a 20:00 horas
Xoves 19 de 16:30 a 18:30 horas
Venres 20 de 16:30 a 18:30 horas
 
Máis info: 981487041   ext.5

Homenaxe ao campión de España de mushing

Roberto Lorenzo, campión de España 2013

O Concello organiza un acto de recoñecemento ao deportista valdoviñés Roberto Lorenzo, que vén de proclamarse campión de España de mushing na categoría de oito cans. A homenaxe celebrarase este sábado 14, ás 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura.
 

Recollida de Xoguetes - IV Xuntanza Solidaria de Nadal

O Domingo día 1 de decembro levouse a cabo na Casa da Cultura a IV Xuntanza Solidaria de Nadal, organizada polo Concello de Valdoviño (Dpto. de Servizos Sociais) en colaboración coas asociacións veciñais/culturais do Concello.
 
A recollida, ao igual que en anos anteriores, foi un éxito, xuntando un gran volume de xoguetes, suficientes para repartir entre un total de 22 familias con maiores necesidades nesta época. O nº de menores beneficiarios/as ascende a 36.
 

Programación cultural de Nadal

Exposicións, feiras, festivais, teatro, andadas e música. Valdoviño celebra o Nadal máis completo.
 
Toda a programación está dispoñible no documento adxunto:

Elección de Xuíz de Paz substituto

O Concello de Valdoviño, ante a vacante no cargo de Xuíz de Paz Substituto na localidade, abre un prazo de quince días hábiles para que as persoas que teñan interese en aspirar ao mencionado cargo e reúnan as condicións legais o comuniquen a este Concello ou ao Decanato dos Xulgados de Ferrol (Rúa Coruña, número 55, baixo).

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS