XV Andada a Santo André

O Concello de Valdoviño organiza para o derradeiro domingo do mes de setembro a XV Andada a Santo André de Teixido. A saída camiñando será dende A Rocha, ás 08:00 horas.
 
Unha semana antes, o domingo 21, celebrarase a III Milla urbana de Valdoviño.
 
As inscricións para a camiñada a Santo André poden realizarse os días 18, 19, 22, 23 e 24 de setembro, de 09:00 a 13:00 horas na Casa de Cultura, ata completar prazas.
 

Contratación da instalación de iluminación exterior do concello

O Concello de Valdoviño licita a contratación do servizo de renovación da instalación de iluminación exterior municipal.
 
Toda a información sobre este trámite está dispoñible no perfil de contratante da web: Renovación de instalación da iluminación exterior do concello.

Ordenación vial Pantín Classic 2014

Durante os días 29, 30 e 31 de agosto, debido á celebración na praia de Pantín da XXVII edición do Campionato do Mundo de Surf Pantín Classic Galicia PRO 2014, comunícase que se procederá á ordenación das direccións circulatorias permitidas para poder aceder á praia de Pantín, co obxecto de evitar colapsos circulatorios.
 
O sentido de circulación do tráfico quedará do seguinte xeito:
- Igrexa de Pantín-Ariño: dirección única, sentido Ariño.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS