Punto de Información do Servizo Público de Emprego no Concello

O Concello de Valdoviño conta dende esta semana cun Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galicia, no que se poden realizar diversas xestións sen ter que acudir á oficina de emprego. Entre elas está a posibilidade de renovar a tarxeta de demandante de emprego.
 
Para poder actuar neste punto, consistente nun computador con teclado e pantalla, haberá que solicitar previamente a captura da pegada dixital na oficina de emprego.
 

Espectáculo no Festival Open Pantín Surf Camp

Por segundo ano consecutivo o Festival Open Pantín Surf Camp disputouse como proba valedeira para o circuito galego de Surf, Longboard e Paddel.

Alta inscripción e boas condicións de ondas nesta proba que contou coa colaboración do Concello. Aínda que os pronósticos non eran nada bos, Pantín, como é habitual, permitiu ver espectáculo.

Dende primeira hora do sábado os riders de surf open demostraron estar a un nivel incríble, como demostran as puntuacións das 10 mellores ondas do evento.

Convocadas 16 prazas de peóns para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño convoca 16 prazas de peóns para a campaña de limpeza de praias 2012. A contratación será por obra ou servizo determinado por dous meses e medio a xornada parcial de 30 horas semanais.
 
O prazo de presentación de solicitudes é os días 25, 26 e 27 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.
 
As bases poden consultarse no seguinte documento (en formato pdf) o no Rexistro Xeral Municipal.

Cursos de natación e vela

O Concello convoca para este verán cursos de natación e vela, dirixidos tanto a nenos como a adultos.
 
Máis información sobre a convocatoria de Cursos de natación.
 
Máis información sobre a convocatoria de Cursos de vela no encoro das Forcadas.

Programa galego de detección precoz do cancro de mama

A Dirección Xeral de Saúde Públia da Consellería de Sanidade ven desenvolvendo desde o ano 1992 o Programa galego de detección do cancro de mama coa finalidade de reducir a mortalidade nun 25% entre as mulleres ás que vai dirixido o Programa.
 
Vai dirixido ás mulleres de 50 a 64 anos residentes en Galicia. Para o Concello de Valdoviño o Programa comezará o 2 de xullo de 2012.
 
O Procedemento para a participación no Programa é o seguinte:

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS