Campamentos de verán 2015

Está aberto o prazo até o 8 de abril inclusive para solicitar os campamentos de verán deste ano organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
 
Para máis información poden consular a web www.xuventude.net ou o Diario Oficial de Galicia número 56 do martes 24 de marzo de 2015, a partir da páxina 11547.

"Clínica Dental Solidaria A Coruña"

A Deputación da Coruña, dende a área de Benestar Social, pon en funcionamento en colaboración coa Fundación Odontología Solidaria (Complexo da Milagrosa) un programa pioneiro en Galicia: "Proxecto Sonrisas Solidarias".
 
Persoas destinatarias: aquelas que non poidan acceder aos servizos de odontoloxía de carácter privado por non posuir os recursos económicos necesarios e que teñan un seguimento polos Servizos Sociais, ONG... correspondentes.
Tratamentos incluídos: hixienes, obturación, endodoncias, curetaxes, próteses removibles.

Continuando coa celebración do Día da Muller...

O departamento de Servizos Sociais, dentro do seu programa de Actividades para a Igualdade, pon en marcha un programa enfocado a traballar a perspectiva de xénero nos centros escolares, coincidindo co mes de marzo no que se conmemora o Día da Muller.
A realización das actividades será de libre elección por cada unha das escolas. Terá unha duración dunha hora e a data e horario será a acordar entre os centros e o persoal do Departamento, quen se encargará de levar a cabo as actividades.

Ampliación deduccións Axencia Tributaria

Principales novedades introducidas por el Real Decreto-ley 1/2015, de 27 de febrero, de mecanismo de segunda oportunidad, reducción de carga financiera y otras medidas de orden social.

Celebración do Día da Muller

O sábado 14 de marzo celebrarase o Día da Muller no Auditorio da Casa da Cultura, cun acto que abrirá ás 18:00 horas a  escritora MEDOS ROMERO.
 
Actuarán:
Cantareiras ALGARABÍA de Lago.
Grupo de Teatro “Rosalía” de Vilaboa en “MÍRALLE PARA O RABO”.
Grupo de baile moderno de Lago.
Cantareiras Mestura de Meirás.
Los Nostálgicos.
Organizan as asociacións veciñais, culturais, deportivas e de Amas de Casa de Valdoviño e o Concello de Valdoviño.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS