Ociosol 2015, deporte para todos

As actividades deportivas do verán, que comezaron coas xornadas de vela e piragüismo no encoro das Forcadas, continúan coa celebración do Ociosol, co clásico torneo de fútbol sala e as diferentes modalidades de fitness na praia.
 

Consumo racional da auga

O alcalde de Valdoviño vén de editar un bando no que se recomenda a todos os usuarios utilizar o servizo de abastecemento de auga con responsabilidade, mediante un consumo eficiente que permita un maior aforro da mesma.
 
A activación do estado de prealerta acentúa aínda máis do habitual a necesidade dun consumo responsable dos recursos.
 

Contacontos e andada con Os Quinquilláns

O parque da praia da Frouxeira acolle este venres a posta en escea de Conto do sal, contacontos de Os Quinquilláns. O público poderá participar nunha pequena andada nocturna relacionada coa temática do conto (un segredo cheo de aventuras).
 
O espectáculo, dirixido a todos os públicos e incluído na Rede Cultural da Deputación, comeza ás 22:30 horas.

Rede Xiana2: Curso de HORTICULTURA E FLORICULTURA (para persoas desempregadas)

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello en relación co proxecto Rede Xiana2 e coa acción formativa difundida nestas últimas semanas, comunicar que existen prazas vacantes por se alguén estivese aínda interesado/a en participar.
Para máis información contactar co Departamento na planta baixa do Concello ou no tlf. 981487041, ext.5 

Encontro coa secretaria xeral de Turismo

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, mantivo na mañá deste luns unha reunión coa secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, co fin de abordar temas de interese para o municipio.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS