Programación cultural de novembro

Exposicións, contacontos, música e deporte conforman a actividade cultural deste mes no concello de Valdoviño.
 
O programa completo pode verse na imaxe adxunta ou no apartado da web correspondente á axenda.

Contacontos de novembro e decembro

A Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza varias sesións de contacontos para os meses de novembro e decembro.
 

A Deputación financiará a reparación de pistas e camiños municipais

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou este mércores o Concello de Valdoviño, onde se reuniu co alcalde, José Antonio Vigo Lago, e outros membros da corporación municipal.
 
O encontro serviu para que abordasen as últimas actuacións realizadas pola institución provincial no municipio, así como para coñecer as necesidades máis urxentes e os próximos proxectos de colaboración entre as dúas administracións, que Calvo comprometeuse a estudar.
 

Defensa Persoal TAI CHI CHUAN no Feirón Mensual

Este sábado, na zona de celebración do feirón, levarase a cabo unha sesión de Defensa Persoal – TAI CHI CHUAN impartida pola Escola Galega de TAichi de Cambre. Esta sesión, composta por unha exhibición a cargo do alumando da escola e por unha parte práctica gratuita aberta ao público (principalmente adulto), ten como finalidade coñecer a demanda existente no Concello para dita actividade e así poder formar un grupo durante os próximos meses.  
Para máis información contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello. Tel. 981487041-ext.5

Contos, historias e máis...

Programa cultural de outubro

Exposicións, teatro, debuxo, deporte, contacontos e moito máis nun mes cento por cento cultural, no que tamén se celebra o Día da Biblioteca.
 
Matrículas durante o mes de outubro para as clases de percusión, guitarra, piano e música para pequenos (prazas limitadas).
 
Ata o 15 de novembro está aberto o prazo para participar na actividade de recollida de fotos para o calendario do ano 2014. Recepción de traballos na páxina web do Concello e na Biblioteca Municipal.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS