O festival de cine de surf máis importante do mundo chega este sábado a Valdoviño

O festival de cine de surf máis importante e recoñecido do mundo, o Save the Waves Film Festival, chegará este sábado, 26 de agosto, a Valdoviño e as entradas xa están a disposición do público no enlace https://www.eventbrite.com/e/save-the-waves-film-festival-valdovino-tickets-37138856319. Dará comezo ás 17 horas na Casa da Cultura, futura sede do Océano Surf Museo, o primeiro adicado ó surf en España e que abrirá ás súas portas no último trimestre de ano.

Xornada de iniciación ó tiro con arco para os nenos e nenas do proxecto Grow Up With Us

Iniciación Tiro con Arco Valdoviño

O campo de fútbol de Mourente, en Valdoviño, acolleu onte unha xornada de iniciación ó tiro con arco moi especial, xa que nela tomaron parte oito nenos e nenas do proxecto Grow Up With Us.
 

“Somos Gente Honrada”, este luns no ciclo de cine nocturno ó aire libre

Filme "Somos Gente Honrada"

Nova cita este luns, 21 de agosto, co mellor cine no ciclo municipal estival organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura. Nesta ocasión, proxectarase o filme “Somos Gente Honrada”, unha comedia dramática dirixida por Alejando Marzoa que conta, entre os seus protagonistas, co actor galego Miguel de Lira. Con entrada de balde, o pase terá lugar ás 22 horas na praza da Casa da Cultura. En caso de choiva, trasladaríase ó interior das instalacións municipais.
 

O Concello de Valdoviño promove a primeira edición da Andada Surfeira

Andada Surfeira

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, promove neste mes de agosto a I Andada Surfeira. Unha iniciativa con participación gratuíta, aínda que con necesaria inscrición previa. Para formalizala o Concello abrirá o prazo os días 22 (próximo martes), 23 e 24, en horario de 10 a 13 horas. Neses horarios, os interesados poderán anotarse chamando ó 981 48 76 66 ou acudindo á Casa da Cultura.
 

O Concello convoca cinco minutos de silencio ante a consistorial como mostra de repulsa polo atentado de Barcelona

Condea atentado

O Concello de Valdoviño convocou para esta mañá, ás 12 horas, e diante da  casa consistorial, cinco minutos de silencio como mostra de repulsa polo brutal atentado perpetrado onte en Barcelona. Así mesmo, dende a Administración local faise un chamamento á veciñanza para que se sume á iniciativa municipal.
 
O Concello de Valdoviño quere así visibilizar a súa enérxica condea ante este novo acto violento sen sentido; expresar a súa solidariedade e recordo ás vítimas e as súas familias e desexar a pronta recuperación ós feridos.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS