Concello e movemento asociativo organizan este sábado a Festa Infantil de Entroido

Baixo o título “Un mundo de maxia enche o Entroido”, terá lugar no pavillón municipal do Longoiro, de 17 a 20 h, e entrada de balde
 
Os máis pequenos da casa teñen unha cita este sábado no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás. Este será, un ano máis, o escenario no que o Concello de Valdoviño e o movemento asociativo do municipio, organizarán a Festa Infantil de Entroido. Baixo o título “Un mundo de maxia enche o Entroido”, dará comezo ás cinco da tarde e prolongarase ata as oito e a entrada é libre e gratuíta.
 

Novo paso adiante na ampliación e mellora da estrada DP 2502 entre Valdoviño e Cerdido

A Deputación fixa para os días 26 e 27 deste mes, na Casa da Cultura, o pago das expropiacións ós propietarios afectados
 
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, valorou positivamente esta mañá o novo paso adiante dado pola Deputación provincial da Coruña para facer efectivo o ambicioso proxecto de ampliación e mellora da estrada DP 2502 que une a localidade co municipio veciño de Cerdido. Unha actuación orzamentada en preto dun millón de euros que se financiará con cargo ós fondos provinciais.
 

O Concello abre o prazo de inscrición no Festival de Comparsas de Valdoviño

Entroido Valdoviño 2018

A Concellería de Cultura de Valdoviño abrirá o luns, 5 de febreiro o prazo de inscrición no XVIII Festival de Comparsas, que terá lugar o sábado 17 de febreiro. Para formalizala deben presentar a documentación requerida na Casa da Cultura antes do día 15. O horario de atención é de luns a venres de 10 a 14 horas e o martes 6 tamén de 15 a 17 h. Ademais, o martes 13 o centro permanecerá cerrado ó ser festivo local.
 

Charla na cooperativa de Meirás sobre as claves para aforrar no recibo da luz

¿Como aforrar no recibo da luz? Será unha das preguntas ás que se dará resposta o vindeiro mércores, 7 de febreiro, na cooperativa de Meirás. Alí, no salón de actos do Edificio da Sección de Crédito, celebrarase unha charla informativa, con entrada libre, co título “A factura da luz”. Dará comezo ás 16,30 horas e estará impartida pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, entidade coa que colabora o Concello de Valdoviño.
 

Luz verde ás expropiacións para construír a rotonda no entorno do CPI Atios

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, valorou moi positivamente esta mañá o paso adiante dado na intervención que permitirá mellorar substancialmente a mobilidade no entorno do CPI Atios, poñendo fin ás complicadas manobras dos autocares do transporte escolar e ás caravanas de vehículos que, a primeira hora, se suceden coa entrada ás instalacións educativas. Será coa construción dunha rotonda na DP2502, punto quilométrico 0+675, e un carril de acceso ó aparcadoiro do CPI.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS