O censo e mesas electorais, a consulta

O alcalde, Alberto González, vén de asinar un Bando municipal polo que informa de que o censo electoral do municipio e  relación de mesas electorais estarán a consulta da veciñanza, por medios informáticos e nas oficinas muncipais, dende hoxe, 17 de febreiro, e ata o 24 de febreiro –incluído-. Así mesmo, no mesmo prazo, poderase presentar reclamacións ao mesmo se procedese.
 
O Concello tamén informa dunha serie de teléfonos de chamada gratuíta para máis información: 901 101 900, 981 217 439 e 981 217 426.
 

O Concello abre o prazo de inscrición no Festival de Comparsas de Valdoviño

A Concellería de Cultura de Valdoviño abrirá o vindeiro luns 17 de febreiro o prazo de inscrición no XX Festival de Comparsas, que terá lugar o sábado 29 de febreiro. Para formalizala é preciso presentar a documentación requerida na Casa da Cultura (que poderá descargarse da web municipal) e o prazo rematará o día 24 de febreiro (incluído). O horario de atención é de luns a venres de 11 a 14 horas.
 

Montse Funcasta inaugura na Casa da Cultura “Valdoviño, lugar de constrastes”

Cartaz da exposición

A fotógrafa Montse Funcasta inaugura este venres, 14 de febreiro, a mostra «Valdoviño, lugar de contrastes». Será na Casa da Cultura de Valdoviño a partir das 20,30 horas nun acto aberto á veciñanza.
 
A través desta exposición, a artista proponse relatar en forma de imaxes os seus momentos fotográficos máis visuais e lúcidos desta contorna, destacando as súas espectaculares postas de sol, os seus emblemáticos paseos e os lugares, en definitiva, que conforman esta mostra que nos ensina eses espazos que merecen a pena visitar sen présa.
 

O Concello tramita as solicitudes para participar no programa Elixe Galicia

O Concello de Valdoviño, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, tramita as solicitudes para participar no programa «Elixe Galicia», impulsado pola Axencia Turismo de Galicia. Trátase dunha liña de axudas para financiar as vacacións de tres colectivos: familias (ademais da parella, inclúense as persoas que dependan dela por filiación), persoas maiores (pensionistas e, no caso de viúdos/as a partir de 55 anos, xubilados/as e desempregados/as maiores de 60) e mocidade (menores de 30 anos). Non hai limitacións por cuestións de renda.
 

Arranca en Valdoviño o Programa Integrado de Emprego dirixido a mulleres

Acto de presentación do programa

Fomentar e promover a igualdade entre homes e mulleres xunto co reparto equitativo do coidado da familia e das tarefas domésticas figuran entre os obxectivos do Programa Integrado de Emprego que impulsa a Mancomunidade de Concellos de Ferrol en colaboración coa Xunta de Galicia. Un programa que onte pola mañá arrancaba en Valdoviño. Na casa consistorial, o alcalde, Alberto González, e o xerente da Mancomunidade, Luis Alcalá, daban a benvida ás 11 mulleres participantes.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS