Titiribaile trae este domingo a Valdoviño o seu espectáculo A nuestra manera

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño albergará este domingo, 21 de outubro, o espectáculo A nuestra manera, da compañía Titiribaile. Un show dirixido a rapaces e rapazas maiores de 12 anos protagonizado pola contadora Erica González con música en director de Pablo Balseiro. No mesmo, abordaranse diferentes valores como a felicidade ou a amizade. Música de onte e de hoxe, contos e poesías de sempre, textos de Benedetti...
 

O Concello destina 11.000 euros ás subvencións para apoiar as actividades culturais e sociais do movemento asociativo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello abrirá mañá venres, e por espazo dun mes, o prazo para que as entidades e asociacións sen ánimo de lucro asentadas en Valdoviño poidan solicitar as subvencións municipais de apoio ás actividades de carácter cultural, social e divulgativo realizadas no presente exercicio. As bases reguladoras da convocatoria publicáronse hoxe no Boletín Oficial da Provincia para a súa consulta. No seu conxunto, o rexidor explicou que o Concello reserva unha partida de 11.000 euros para este fin.
 

Últimos días para apuntarse á Volta ás Forcadas que se celebrará este domingo

Volta ás Forcadas

Crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio e, o mesmo tempo, coñecer ou redescubrir un entorno único é o obxectivo da Volta ás Forcadas que se celebrará este domingo, 21 de outubro. Organizada polo Concello no marco do circuito Corre polo Norte, partirá de Loira ás 11 horas e está pensada para a participación de toda a familia.

O Concello convida á veciñanza a achegar as súas fotografías de Valdoviño para confeccionar o calendario municipal do 2019

Queres que unha fotografía túa apareza no calendario que editará o Concello de Valdoviño do 2019? Se estás interesado participa enviando unha ou varias imaxes a partir de mañá mércores, 17 de outubro e ata o 9 de novembro á web do Concello -clicka aquí-.
 

A actuación de mellora da estrada de Cedeira a Valdoviño contempla a implantación de carrís de adiantamento e melloras no trazado

Visita realizada este ano con técnicos da Xunta

Lograr unha mellor mobilidade, á par que se reforza a seguridade vial, e reducir os tempos de percorrido entre os municipios de Cedeira e de Valdoviño, facilitando así a súa conexión coas principais cidades galegas, é un obxectivo prioritario para ambos concellos e, nos últimos tres anos, un traballo conxunto no que hoxe se deu un paso adiante.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS