Concurso de fotografía ata o domingo

Debido a un problema técnico durante as últimas horas para a recepción de imaxes, ampliamos o prazo de envío de fotografías para o calendario 2019 ata o domingo.
 

Redrum Teatro presenta este domingo en Valdoviño A nena que quería navegar

A nena que quería navegar

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este domingo, 11 de novembro, a obra de teatro A nena que quería navegar. Será da man da compañía Redrum Teatro, no marco da programación cultural deseñada polo Concello co apoio da Rede Cultural da Deputación. A función, con entrada de balde ata completar aforo, dará comezo ás 18 horas e está dirixida a un público familiar.
 

O Concello ofrece oito entradas para acudir ó Trofeo Teresa Herrera de Fútbol

A Deputación da Coruña vén de suscribir un convenio de cooperación co Concello da Coruña, en virtude do cal pon a disposición dos concellos e, entre eles Valdoviño, entradas para asistir ó "Trofeo Teresa Herrera de Fútbol". En concreto, o Concello conta con oito entradas que pon a disposición daqueles nenos e nenas que estean federados-as como practicantes de fútbol base ou a nenos-as que pertenzan a familias en risco de exclusión social. Así mesmo, ofrecerase unha entrada a un adulto para que acompañe ó menor.
 

A igrexa de Lago, escenario do concerto da Ensamble IULIUS XIII este sábado

Ensamble IULIUS XIII

A compañía Ensamble IULIUS XIII propón a veciños e veciñas compartir este sábado eses inesquecibles temas musicais que marcaron un fito na historia. Esas melodías que veñen á mente cada vez que abrimos o imaxinario baúl dos recordos. Tamén revivir aqueles momentos máis importantes da man de temas como Memory, Moon River ou Summertime.
 

Arrancan nas parroquias de Valdoviño os obradoiros gratuítos de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos

Primeira sesión en Sequeiro

Os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos que organiza o Concello nas diferentes parroquias do municipio arrancaban no día de onte en Meirás e Sequeiro. Nesta primeira xornada desprazábase ata os respectivos locais sociais o alcalde, Alberto González, acompañado da concelleira de Cultura, Rosana García, e o director de AFAL, José María Otero.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS