O Concello tramita as solicitudes para optar ao pagamento único por fill@s menores de 3 anos

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais Comunitarios, vén de informar da apertura do prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse do pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. Así, as persoas interesadas en anotarse a este programa poden dirixirse ao departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial-, onde recibirán a información necesaria sobre a documentación a entregar e, ademáis, as técnicas municipais encargaranse de tramitar as solicitudes.
 

O Concello pon en marcha nos centros educativos a Biblioteca “Ser e contar”

Espazo Ser e contar

O Concello de Valdoviño vén de poñer en marcha a biblioteca «Ser e contar». Integrada por publicacións centradas na igualdade, a diversidade persoal e a educación emocional, os/as seus/úas principais destinatarios/as son a comunidade educativa –docentes e alumnado- e pretende facerse un oco tanto no CPI Atios como nas escolas unitarias do CRA O Esquío. A intención do Concello é poñer á súa disposición unha serie de libros que facilitan a formación neste campo e constitúen útiles ferramentas coas que traballar nas aulas valores tal que a igualdade e a diversidade.
 

A Casa da Cultura acolle este sábado o Festival do alumnado da Escola Municipal de Música

Cartaz da actividade

A Casa da Cultura de Valdoviño albergará este sábado 18 de xaneiro o Festival dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. A cita dará comezo ás 17,30 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 
Inicialmente, a celebración deste festival estaba prevista para o mes de decembro, pero tivo que aprazarse polo temporal. Na cita, o alumnado das diferentes disciplinas, nen@s e maiores, amosarán parte do aprendido nos últimos meses.
 

Concello e Club Bunkai animan a nenas e nenos a probar a actividade de karate nas xornadas de portas abertas

Cartaz da actividade

O pavillón do CPI Atios acollerá a próxima semana a primeira das dúas xornadas de portas abertas para que as nenas e nenos de Valdoviño e comarca poidan coñecer de primeira man o karate participando en clases de iniciación. Unha acción gratuíta que organiza o Club Bunkai, encargado de impartir a actividade no marco da programación deportiva que impulsa o Concello de Valdoviño no pavillón do centro escolar.
 

O Concello promove o programa “SUMAS?”, de prevención e intervención para a mellora da convivencia nos centros escolares

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da posta en marcha, en colaboración co CPI Atios e o CRA O Esquío, do proxecto SUMAS? Un programa de prevención e intervención para a mellora da convivencia e o adestramento en técnicas e ferramentas máis eficaces na resolución dos conflitos e participación grupal. Para iso, contempla varias liñas de actuación: sesións en aula, creación da equipa SUMA, sesións coas familias e encontros e obradoiros cos docentes.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS