A Xunta reactiva os actos expropiatorios e convoca @s propitari@s dos terreos da estrada Valdoviño-Cedeira activando un estrito protocolo de seguridade

A Xunta reactiva os actos expropiatorios e convoca aos\as propietarios\as dos terreos da estrada Valdoviño-Cedeira activando un estrito protocolo de seguridade. Así llo trasladou hoxe a conselleira Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na videoconferencia mantida co alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, e co equipo técnico da Axencia Galega de Infraestruturas, que levará a cabo o proxecto e as obras de acondicionamento na estrada autonómica AC-566.
 

Valdoviño comeza a implantar o plan de control de aforos e accesos ás praias

Restriccións ao estacionamento na Frouxeira

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá o plan de actuación en materia de control de aforos e acceso ás praias da localidade deseñado polo goberno municipal. Un plan no que se leva traballando semanas de forma coordinada coa Policía Local e que onte o rexidor trasladaba aos grupos municipais en Xunta de Portavoces.

Novo paso adiante no proxecto de mellora da estrada Cedeira-Valdoviño

Zona actuación

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá dun novo avance para materializar o proxecto de mellora da estrada de Cedeira ao seu paso por Valdoviño, que impulsan os dous concellos da man da Xunta de Galicia cun investimento de 4,6 millóns de euros, incluído o pagamento das expropiacións dos 136 predios necesarios para esta actuación.
 

O Concello promove un curso online e presencial de protección e medidas de hixiene fronte ao COVID para a hostalería

Cartaz da iniciativa

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Sanidade, anunciou esta mañá que organizará un curso de protección e medidas de hixiene fronte ao COVID-19 dirixido ao sector hostaleiro. Completamente gratuíto, estará impartido polo doutor Francisco Rascado.
 

O Concello iniciará este xoves o reparto gratuíto de mascarillas hixiénicas para @s veciñ@s maiores de 70 anos

Mascarillas

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello iniciará mañá xoves o reparto gratuíto de mascarillas entre os veciños e veciñas de 70 anos en adiante. Realizarase a través da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Valdoviño e en colaboración coas asociacións de veciños, que ceden os seus locais como base de operacións. Para acceder a estes recursos é imprescindible estar empadroado/a no municipio.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS