Entra en servizo a gasolineira de Vilaboa

Arroupados polos veciños e veciñas da parroquia, o alcalde, Alberto González, e o presidente da Cooperativa de Vilaboa, Ángel Caneiro, cortaban este mediodía a cinta coa que, oficialmente, quedaba inaugurada a estación de servizo de Vilaboa. Unha gasolineira impulsada pola Cooperativa que, segundo apuntou o rexidor, constitúe un servizo máis que necesario para as parroquias interiores do municipio.

O actor e monologuista Avelino González trae a Valdoviño os seus “Contos de contrabando”

O auditorio da Casa da Cultura será escenario este domingo 13 de outubro dos «Contos de contrabando» a cargo do popular actor e monologuista galego Avelino González. A actuación programada polo Concello a través da Concellería de Cultura arrancará ás 19 horas, dirixida a un público maior de 12 anos. A entrada é libre e de balde ata completar aforo e o espectáculo conta co apoio da Deputación provincial da Coruña a través da Rede Cultural.
 

A Casa da Cultura acolle a exposición colectiva de pintura e fotografía “Tod@s”

Imaxes da inauguración
Imaxes da inauguración

A Casa da Cultura de Valdoviño acolle a exposición colectiva de pintura e fotografía «Tod@s». A mostra, promovida por Narart (Narón amigos del arte), inaugurábase onte á tarde nun acto presidido polo alcalde, Alberto González, no que tamén participou a concelleira de Cultura, Rosana García, e os artistas que asinan as obras.
 
Así, a mostra poderá visitarse en Valdoviño ata o día 27 de outubro, en horario de 12 a 14 horas de luns a domingo e de 16 a 19 horas tamén os sábados e domingos. A entrada é de balde.
 

Xornada formativa sobre o uso da sede electrónica do Concello de Valdoviño

A xornada terá lugar o martes 29

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, organiza unha xornada formativa sobre o uso da sede electrónica municipal. Deste xeito, a veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do Concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas.
 

A Cooperativa de Vilaboa estrea gasolineira

A Cooperativa de Vilaboa inaugurará este venres 11 de outubro a súa estación de servizo. Será nun acto que dará comezo ás 13 horas e contará coa asistencia do alcalde, Alberto González, e máis da directiva e socios da entidade. Así o avanzou o xerente, José Ameneiros, para mostrar a satisfacción da cooperativa pola apertura, coa que se dá cumprimento a unha demanda latente na parroquia. Os seus veciños e asociados gañarán en comodidade, evitando realizar o traxecto de 10-12 kms que os separan da gasolineira máis próxima, situada na parroquia de Lago.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS