Enviado por Comunicación a Ven, 20/04/2018 - 10:40
O Concello informa á veciñanza de que as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia desprazaranse ó municipio a próxima semana. Concretamente, o luns 23 estarán en Meirás (fronte á cooperativa) de 16 a 21 horas e o martes 24, diante da casa consistorial de Valdoviño, de 10 a 14 e de 16 a 21 h.
Enviado por Comunicación a Ven, 20/04/2018 - 10:29
A actuación celebrarase este domingo, no marco do acto organizado polo Concello neste espazo para conmemorar o Día do Libro agasallando ós asistentes con obras literarias
Enviado por Comunicación a Ven, 20/04/2018 - 10:26
Os traballos de renovación do alumeado público iniciados este mes na zona do Carballal e Avenida Areeiros –dende o cámping A Frouxeira e ata a igrexa de Santa Eulalia- continuaron no entorno do centro de saúde, do CPI Atios e do citado templo –ata O Cameleiro-. Así mesmo, nos vindeiros días estenderanse tamén á avenida de Atios. Uns traballos que amplían a intervención inicial e que son posibles, segundo explicou o alcalde, Alberto González, pola mellora ofertada pola empresa adxudicataria dos traballos.
Enviado por Comunicación a Mér, 18/04/2018 - 10:04
A Concellería de Servizos Sociais tramita as solicitudes
O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa da apertura do prazo para solicitar as estancias do programa Termalismo do IMSERSO. Un programa dirixido ás persoas pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente; de viudedade con 55 ou máis anos; por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 ou máis anos, ou ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.