Cine nocturno ó aire libre este xoves en Valdoviño co pase de “La La Land”

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, programa unha nova sesión de cine nocturno ó aire libre. Será este xoves, 16 de agosto, na praza da Casa da Cultura. Alí, a partir das 22 horas, proxectarase o filme «La La Land: La ciudad de las estrellas». En caso de choiva, o pase trasladaríase ó interior do centro cultural.
 
A actividade conta coa colaboración da Deputación provincial da Coruña, a través da Rede Cultural, e está dirixida a todos os públicos.
 

Máis de 1.200 persoas visitaron o Océano Surf Museo entre decembro e xullo

Océano Surf Museo

Un total de 1.213 persoas visitaron o Océano Surf Museo, o primerio adicado ó surf en España, entre decembro e xullo. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, valorou positivamente o balance de visitantes durante os seus primeiros meses de funcionamento, xa que foi o pasado 1 de decembro cando as instalacións abrían as súas portas no municipio. De feito, foi en decembro e tamén nos meses de verán, xuño e xullo, cando se rexistraron as mellores cifras de afluencia, con 450, 145 e 187 visitantes, respectivamente.

“Asaltos musicais” en Valdoviño

"Asalto musical" en Meirás

A praia de Pantín, a zona de xogos infantís de Marnela, A Frouxeira ou o Faro de Meirás convertíronse estes días en auditorios a ceo aberto para acoller pequenos concertos musicais. Así, de súpeto, sen planificalo nin esperalo, veciños de Valdoviño e visitantes disfrutaron destas intervencións en diferentes espazos naturais do municipio, bautizados polos seus promotores como “Asaltos musicais”.

A XXII Baixada de Carrilanas de San Mamede convertirá a Valdoviño na capital española da velocidade e bo humor

Carrilanas 2018

Valdoviño convertirase no mes de agosto na capital da velocidade e diversión grazas á súa tradicional Baixada das Carrilanas de San Mamede, que este ano acada a súa XXII edición. Ata 70 vehículos sen motor construídos en moi diversos materiais e un sinfín de formas competirán por ser os máis veloces nun circuito de case un quilómetro. Un percorrido que seguirán milleiros de seguidores e curiosos, fieis a unha proba puntuable para o Campionato de España.
 

A banda da loba presenta en Valdoviño o seu primeiro disco “Bailando as rúas”

A banda da loba

O entorno do parque infantil da Frouxeira será o escenario onde a formación «A banda da loba» presente este domingo, 5 de agosto, o seu primeiro traballo discográfico, titulado «Bailando as rúas». A cita terá lugar a partir das 19,30 horas e a ela está convidada toda a veciñanza. Organizada pola Concellería de Cultura de Valdoviño, a proposta inclúese no programa « Escenarios paralelos », co que o Concello saca as actividades culturais da Casa da Cultura ata lugares como parques, capelas, ermidas, faros… Así mesmo, conta coa colaboración da Deputación a través da súa Rede Cultural.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS