Valdoviño, presente nos Encontros de Surf de Castrillón, en Asturias

Valdoviño nos encontros de surf

O alcalde, Alberto González, participou esta mañá nos I Encontros de Surf de Castrillón, localidade mítica no mundo do surf como pioneira deste deporte na costa norte de España e sede do Festival Internacional Longboard, que se celebra en Salinas, declarado Festa de Interese Turístico do Principado de Asturias e que cada ano congrega a milleiros de surfeiros procedentes de países como EE.UU., Francia, Italia, Australia, Portugal ou Brasil.
 

Plan de Transporte Metropolitano

Nos seguintes enlaces pode consultarse a proposta do Plan de Transporte Metropolitano para Valdoviño:
 
Anteproxectos de explotación
Anteproxecto específico de Valdoviño e Narón (pdf)

O Concello de Valdoviño expón en Asturias a súa aposta polo surf como dinamizador da economía local

Convidado pola organización, Valdoviño participará esta fin de semana nos primeiros Encontros de Surf de Castrillón, en Asturias. O alcalde, Alberto González, trasladarase mañá sábado ao concello asturiano para dar a coñecer a aposta do noso municipio polo surf como motor de dinamización económica no turismo local. Na cita tamén tomará parte Vicente Irisarri, como fundador do Pantín Classic, e un dos impulsores do Océano Surf Museo.
 

O alcalde celebra que o PP se sume agora ás demandas sobre a lagoa trasladadas neste mandato polo goberno local á Xunta

Visita da entón conselleira de Medio Ambiente no ano 2016

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, mostrou a súa satisfacción pola decisión do PP de apoiar agora as reivindicacións do Concello sobre a lagoa e a declaración como tramos urbanos de determinados treitos das praias do municipio. En todo caso, lembra que xa o pasado mes de decembro a Xunta accedeu a valorar a petición do Concello para retirar a escollera e a area do interior da lagoa.

O alcalde trasládase a Coruña para abordar coa Xunta o novo plan de transporte metropolitano en Valdoviño

O alcalde, Alberto González, desplazouse onte a Coruña para abordar co xefe territorial de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Jose Antonio Álvarez, o proxecto de transporte metropolitano, na actualidade en fase de exposición pública. Unhas conversas que o rexidor trasladará ao tecido asociativo nunha xuntanza que se celebrará este xoves na casa consistorial.

O Concello retira a area arrastrada polos temporais á zona de aparcadoiro da Frouxeira

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de iniciar os traballos de retirada da area que arrastraron os últimos temporais ás zonas de estacionamento que lindan co areal da Frouxeira. Traballos realizados por operarios municipais que se estima se prolonguen ao longo desta semana.
 

Valdoviño inviste 50.000 euros do Plan Único na renovación do alumeado na estrada AC-566, un dos principais accesos á localidade

O Concello de Valdoviño vén de sacar a licitación pública as obras de renovación do alumeado público na estrada AC-566, un dos principais accesos á localidade, que serán financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

O Concello procedeu ao acondicionamento de 34 marquesinas e á instalación de catro novas

O concelleiro de Servizos, Benito Vega, informou de que o Concello procedeu ao acondicionamento de 34 marquesinas e á instalación doutras catro novas –dúas en Taraza, unha en Vilarrube e outra na estrada ao Faro de Punta Frouxeira- neste mandato. Un balance que contrasta co dos catro anos anteriores, cando tan só se instalou unha marquesina e se reparou outra. Ao respecto, o edil tamén sinalou que o Concello tenta dar respostas a todas as necesidades e que continuará nesta liña.

O Concello dota dunha cuberta a Aula da Natureza para ampliar as posibilidades de xogo no exterior dos máis pequenos

Cuberta zona traseira
Varanda zona dianteira

Trala inauguración hai ano e medio da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia, o Concello vén de mellorar as infraestruturas e o equipamento destas instalacións, ás que acoden cada día 17 nenos e nenas de cero a tres anos, favorecendo así a conciliación da vida persoal e laboral das súas familias. Actuacións de mellora posibles, tal e como destacou esta mañá o alcalde, Alberto González, grazas á colaboración da Consellería de Política Social da Xunta, que deu o visto bo ás demandas trasladadas polo Concello e concedeu unha subvención de 18.956,42 euros para financialas.

Páginas

Suscribirse a noticias