Bolsas e axudas ao estudo

Data: 
Martes, 26 Marzo, 2013
Obxecto: 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.
Orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG nº 58 do 22/03/2013)
Solicitude:http://www.edu.xunta.es/axudasle
Prazo: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da Orde no DOG. Ata o 22 de abril de 2013

Axudas a estudantes universitarios para estadías nun país da UE para coñecer a língua dese país durante o verán de 2013
Orde do 20 de febreiro de 2013 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país.(DOG nº 46 do 6/3/2013)
Prazo de solicitude:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación. Ata o 6 de abril de 2013

Axudas destinadas ao alumnado universitario que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
Orde do 21 de febreiro de 2013 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
Prazo de solicitude:
Poderá realizarse desde o 7 de marzo ata o 1 de setembro de 2013.

Axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2012/13
Orde do 19 de setembro de 2012 pola que se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de estudos universitarios durante o curso 2012/13 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se establecen as bases reguladoras.(DOG nº 186 do 28/09/2012)
Contía: A axuda consistirá no pagamento do importe das taxas e dos prezos públicos oficiais por servizos académicos, para o curso 2012/13, que fose efectivamente aboado polo beneficiario.
Prazo de solicitude: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde. Ata o 29 de outubro (por ser o día 28 inhábil)

Becas para estudos de posgrao en universidades europeas
Convoca: Fundación "La Caixa"
A Fundación "A Caixa" convoca 65 bolsas para cursar estudos de posgrao, durante o curso 2013-2014 en universidades do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
Prazo de solicitude: Do 10 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2013.
http://www.mecd.gob.es/educacion/becas-y-ayudas/para-estudiar.html 

Fase de tramitación:
Páxina: 
Educación