Licitación do servizo de limpeza de edificios municipais

O Concello de Valdoviño saca a licitación o servizo de limpeza de diversos edificios municipais. O contrato ten un prazo de execución dun ano (prorrogable por outro máis) e un orzamento anual de 68.365 euros.
 
Os licitadores poderán presentar as súas propostas na Secretaría do Concello, de acordo co establecido no punto 9 do prego de cláusulas que rexen a contratación, no prazo de quince días a contar dende a última publicación no Boletín Oficial da Provincia ou diario de maior tirada.
 
O perfil de contratante da web recolle toda a información relacionada con esta licitación: Servizo de limpeza de edificios municipas 2013.