O Concello pon en marcha "VAGALUME", Programa de Educación Familiar na etapa preescolar

Data: 
Lunes, 29 Octubre, 2012
Obxecto: 

O Concello de Valdoviño vai poñer en marcha no mes de novembro “VAGALUME” un programa de educación familiar na etapa preescolar.
Este programa pretende cubrir a ausencia dos "Espazos das Familias" que a Fundación Preescolar na Casa levaba a cabo en numerosos concellos de Galicia, entre eles, Valdoviño.
Será un lugar de encontro para familias que queiran compartir as súas inquedanzas e experiencias sobre a crianza dos seus fillos e fillas.
O obxectivo é capacitar ás familias como principais axentes educativos, baseándose na súa figura de apego, e aprender maneiras de interactuar máis eficaces e alternativas para os primeiros anos de vida.
Para concretar o horario e lugar, será preciso valorar as inscricións, polo que se fará unha reunión posterior coas persoas interesadas para fixar ditos aspectos.
As inscricións poderanse entregar entre o 1 e o 8 de novembro en Servizos Sociais (no baixo da Casa do Concello), de 08:00 a 15:00. Teléfono: 981.487.041 (ext.5)

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

1-8 novembro

Páxina: 
Servicios Sociales y Salud