Valdoviño en Ruta

Co obxectivo de incentivar o coñecemento da riqueza de espazos naturais e co propósito de permitir aos veciños disfrutar do contacto coa natureza e fomentar a práctica do sendeirismo, o Concello de Valdoviño pon en marcha o programa "Coñece Valdoviño: en ruta", que comeza co percorrido de tres itinerarios o último domingo dos meses de xullo, agosto e setembro.
 
O 29 de xullo terá lugar unha Andada ao faro de Meirás, con partida no aparcadoiro do campo de fútbol de Meirás. A inscrición, gratuíta, deberá realizarse entre o 23 e o 27 de xullo na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 981 487 666.
 
Máis adiante haberá unha andada entre a praia do Baleo e Punta Chirlateira e a XIII andada a Santo André de Teixido.