Axudas para Certificación Q de Calidade Turística

Data: 
Miércoles, 30 Mayo, 2012
Obxecto: 

A Secretaría Xeral para o Turismo, ven de aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios para a certificación do Q de Calidade Turística e a convocatoria para o ano 2012.
 
Considéranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2012 e que se encadren nas liñas seguintes:
 
Considéranse proxectos subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q.
 
O conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación cuxos custos sexan soportados directamente polos establecementos:
 

  • Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación.
  • Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2012

Máis información no D.O.G.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 29 de xuño

Páxina: 
Economía y Empleo