O pago do rodaxe queda aprazado ata novo aviso

En aplicación do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma, a Deputación Provincial da Coruña informa da suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación de todos os procedementos tributarios que xestiona a Deputación da Coruña.
 
En consecuencia, os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.
 
Valdoviño ten delegada a xestión de tributos na Deputación, polo que na práctica isto supón que a primeira campaña de recadación voluntaria deste ano, na que se cobra o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (ITVM), máis coñecido como rodaxe, queda aprazada ata novo aviso.