O censo e mesas electorais, a consulta

O alcalde, Alberto González, vén de asinar un Bando municipal polo que informa de que o censo electoral do municipio e  relación de mesas electorais estarán a consulta da veciñanza, por medios informáticos e nas oficinas muncipais, dende hoxe, 17 de febreiro, e ata o 24 de febreiro –incluído-. Así mesmo, no mesmo prazo, poderase presentar reclamacións ao mesmo se procedese.
 
O Concello tamén informa dunha serie de teléfonos de chamada gratuíta para máis información: 901 101 900, 981 217 439 e 981 217 426.
 
Todos os edictos municipais poden atoparse na apartado da web destinado aos Bandos e avisos.