Anuncio sobre a Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos do Concello de Valdoviño

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de ordenación e imposición das seguintes Ordenanzas fiscais:

  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos do Concello de Valdoviño.

Na súa virtude, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de dez días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

  • Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa: Adaptar as Ordenanzas que proceden do ano 1995 e ano 2005 e que foron obxecto de diversas modificacións para adaptalas á realidade e necesidades actuais do noso tempo, así como para clarificar conceptos e evitar vacios normativos ou lagunas legais á vez que permitan desenvolver e mellorar a economía do Concello que redundaran en beneficio dos veciños.
  • Necesidade e Oportunidade da súa aprobación: Novas necesidades e feitos impoñibles ata agora inexistentes que fan necesaria a imposición dunha Taxa para facer fronte ao custo dos respectivos servizos.
  • Obxectivos da norma: Cubrir o custo da actividade ou do servizo que constitúe o feito impoñible.

Valdoviño, a 8 de novembro de 2019.
O Alcalde, Alberto González Fernández.