O actor e monologuista Avelino González trae a Valdoviño os seus “Contos de contrabando”

O auditorio da Casa da Cultura será escenario este domingo 13 de outubro dos «Contos de contrabando» a cargo do popular actor e monologuista galego Avelino González. A actuación programada polo Concello a través da Concellería de Cultura arrancará ás 19 horas, dirixida a un público maior de 12 anos. A entrada é libre e de balde ata completar aforo e o espectáculo conta co apoio da Deputación provincial da Coruña a través da Rede Cultural.
 
Avelino González conta cunha ampla traxectoria no teatro, cine e televisión, en serie como «Seis Hermanas» de TVE1 e «Serramoura», «Pazo de Familia» ou «Padre Casares» na TVG.