Xornada formativa sobre o uso da sede electrónica do Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, organiza unha xornada formativa sobre o uso da sede electrónica municipal. Deste xeito, a veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do Concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas.
 
A formación, impartida pola axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña, terá lugar o martes 29 de outubro de 11 a 13 horas. A participación é gratuíta, pero require de inscrición previa e pode formalizarse na Casa da Cultura, ata o venres 25 de luns a venres de 10 a 14 horas.