Cita esta fin de semana en Valdoviño co Xtreme Pantín 7th Edition

A praia de Pantín acollerá esta fin de semana o Xtreme Pantín 7th Edition nas modalidades de waveski, kaiaksurf e stand up paddle. A competición está organizada polo Club Náutico Folixa, coa colaboración do Concello de Valdoviño e a Federación Galega de Piragüismo, e nela tomarán parte deportistas de Galicia, doutras comunidades españolas como Asturias e País Vasco e máis doutros países como o veciño Portugal e máis Inglaterra.
 
Entre os favoritos, Guillermo Carracedo en stand up paddle ; Odei Etxeberría en waveski ou Gorka Martínez en kaiaksurf.
 
O evento terá lugar o sábado 12 e o domingo 13 de outubro coa previsión de que na primeira xornada se disputen as series clasificatorias e finais e na segunda se celebre a Xtression Session e Free Surf Session.