O Concello reedita o curso de inglés oral dirixido ao comercio e hostalería locais

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición na segunda edición do curso de inglés oral dirixido fundamentalmente aos traballadores do comercio e da hostalería locais. Unha acción que o Concello volve a programar dada a excelente acollida rexistrada na convocatoria anterior.
 
Con esta acción formativa, completamente gratuíta, búscase contribuír á mellora da atención á clientela de procedencia estranxeira que, ano tras ano, gaña peso nas estatísticas de visitantes ao municipio, especialmente polo auxe do surf e da práctica dos deportes náuticos.
 
Así, o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 25 de outubro e poderá formalizarse na Casa da Cultura de luns a venres de 10 a 14 horas ou chamando ao teléfono 981 48 76 66 (no mesmo horario). Terán preferencia aquelas persoas que traballen no comercio e hostalería locais e, en caso de non cubrir as 20 prazas ofertadas, darase entrada á veciñanza en xeral –con preferencia dos empadroados-.
 
O curso desenvolverase dende o mes de novembro ata marzo.