Comeza a fase final do Torneo Fútbol Sala Ociosol de Valdoviño

A fase final dará comenzo cos cuartos de final o luns 19 agosto ás 21h e o martes 20 de agosto. As semifinais disputáranse o xoves 21 de agosto no mesmo horario, a final e a final de consolación serán o venres 22, ás 21:30h e 20:30h respectivamente.
 
En total, na fase de liga disputaronse un total de 28 encontros no Pavillón do Longoiro e participaron máis de 120 persoas.
 
O concelleiro de deportes Sergio Saavedra salientou que “valoramos moi positivamente esta actividade que permite a práctica saúdable, o fomento do deporte da nosa vila e unha programación de ocio durante a época estival, onde se achegaron xogadores de varios equipos de toda a comarca”. Toda a información sobre o torneo está dispoñible na súa propia web: https://www.torneoociosol.com.