Subvencións para o apoio ao estudo e á conciliación ano 2019 do concello de Valdoviño

Data: 
Miércoles, 14 Agosto, 2019
Obxecto: 

O obxecto da convocatoria é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da escolaridade ou dos recursos de atención preescolar para a conciliación familiar e laboral.
 
Polo tanto, constitúe o obxecto das presentes bases, a regulación da convocatoria pública, por parte do Concello de Valdoviño, para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a familias, para os gastos derivados do estudo nos niveis de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, así como para os gastos dos servizos de conciliación familiar e laboral prestados nos recursos municipais de atención preescolar.
 
Trátase de promover unha política de benestar social que contribúa a paliar os efectos da crise, as diferenzas sociais, os riscos de exclusión social ou mesmo e que favoreza a integración dos nenos e nenas no sistema educativo e a integración das familias co contexto formativo-laboral.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Dende o día seguinte ao da publicación no BOP e ata 30 días despois