XXIX Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño este sábado no campo do Meirás

O campo de fútbol de Meirás acollerá este sábado 17 de agosto a XXIX edición do Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño, no que tomarán parte o CD Rosalía de Vilaboa, a SD Valdoviño e o Meirás CF.
 
O Triangular arrancará ás 17,30 horas cun encontro que enfrontará ás formacións xuvenís do Amistade de Meirás e Meirás CF. Os partidos serán de 45 minutos e, ás 18,30 horas, arrancarán na categoría sénior. Sobre as 21,30 horas está prevista a entrega de trofeos.
 
Dende o Concello, promotor do torneo xunto aos clubes participantes, anímase á veciñanza e tamén ás persoas que visitan o municipio a acudir ao mesmo, un dos máis veteranos da comarca, e disfrutar deste auténtico espectáculo de fútbol.