Aberta a inscrición na ruta Ferrol en Feminino

Continuando coas actividades relacionadas co Día da Muller, o Concello de Valdoviño convida á súa veciñanza a coñecer a cidade de Ferrol nun itinerario recordando a mulleres que marcaron fitos importantes na Historia. Mulleres como Concepción Arenal ou Ángeles Alvariño.
 
A visita, guiada, inclúe 7 enclaves que van desde o punto de saída no Porto de Curuxeiras até a rúa Concepción Arenal cunha última parada no Centro Torrente Ballester. Terá lugar o venres 29 de marzo e partirá da oficina de turismo emprazada no peirao de Curuxeiras ás 18 horas.
 
Para participar, é preciso inscribirse previamente e o prazo conclúe o día 28. Pode facerse de luns a venres de 10 a 14 horas na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 981 48 76 66. A actividade é gratuíta e ten límite de prazas. Non se admitirá a ningún participante que se presente no lugar de saída, sen facer a correspondente inscrición nas datas sinaladas.