O Concello dá a palabra a mulleres que representan ás diferentes familias para abordar e visibilizar a súa realidade

No marco da programación do Día da Muller, e seguindo a línea iniciada hai dous anos, o Concello de Valdoviño e movemento asociativo convidan este martes 19 de marzo á veciñanza a un coloquio protagonizado por mulleres. Representan diferentes tipos de familia, dende a monoparental ata a homoparental, pasando pola numerosa ou aquela que ten fillos/as con diversidad funcional, ou fillos/as adoptados/as. Unha diversidade que existiu sempre pero que en moitos casos estaba oculta de cara ao exterior. Da familia e das diferentes e coincidentes realidades falarán Silvia Freire, Sabela Álvarez, María Pilar Ferreira e Ana de Pablo. Responderán ás diferentes preguntas que planteará José Ángel Fernández Díaz, encargado de conducir un acto que arrancará ás 18 horas con entrada libre e de balde no auditorio da Casa da Cultura.

 

O acto está organizado polas Concellerías de Servizos Sociais e Cultura, entidades culturais, deportivas e veciñais, ANPA e Asociación de Amas de Casa.

 

O mesmo concluirá coa actuación estelar do grupo de soul galego “VUDÚ”. Son Belém Tajes –voces e teclado- e Maritxinha –baixo e loops-. No ano 2016, a banda faise co premio á mellor canción en galego por «Eu son VooDoo» no certame Música Xove e, ao ano seguinte, acadan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul. Deste xeito conseguen consolidarse no seu estilo, íntimo e elegante, e comezan a explorar novos formatos en directo até chegar á proposta que as define na actualidade: música íntima e elegante para «grandespequenos» momentos.

 

Co seu primeiro disco editado, «Vudú Vol III» combinan letras tradicionais que veñen directamente das súas avoas con ritmos pop, percusións electrónicas e tintes jazz e soul.

 

Vudú é unha música de esencia feminina, chea de sensualidade que pretende reivindicar a forza dos cantos tradicionais de Galicia.