O Concello convida á veciñanza ó pase do filme de terror El ataque de los muertos sin ojos, do coruñés Amando de Ossorio

No marco da programación deseñada polo Concello de Valdoviño para conmemorar o Samaín, o auditorio da Casa da Cultura acollerá este venres, Día de Defuntos, a proxección do terrorífico filme El ataque de los muertos sin ojos, do finado director coruñés Amando de Ossorio. Unha película estreada hai 45 anos, hoxe referencia no cine de terror español. Con entrada de balde e libre ata completar aforo, o pase dará comezo ás 20 horas e está dirixido a un público maior de 16 anos.
 
A película está interpretada por Tony Kendall –protagonista doutros filmes como El rey del timo ou Yeti: El abominable hombre de las nieves-, Esperanza Roy –La novia de medianoche- e Fernando Sancho –La vaquilla-.
 
Está ambientada nun pequeno pobo portugués onde os seus habitantes celebran cada ano a súa festa local. Unha celebración que se verá interrompida pola aparición dunha morea de zombies a cabalo, unha banda de cabaleiros templarios privados da vista hai 500 anos.