Música: A Banda da Loba

Domingo, 5 Agosto, 2018 - 19:30
Parque da Frouxeira

O entorno do parque infantil da Frouxeira será escenario onde a formación «A banda da loba» presente este domingo, 5 de agosto, o seu primeiro traballo discográfico, titulado «Bailando as rúas». A cita terá lugar a partir das 19,30 horas e a ela está convidada toda a veciñanza. Organizada pola Concellería de Cultura de Valdoviño, a proposta inclúese no programa «Escenarios paralelos», co que o Concello saca as actividades culturais da Casa da Cultura ata lugares como parques, capelas, ermidas, faros… Así mesmo, conta coa colaboración da Deputación a través da súa Rede Cultural.