Entrega de diplomas ó alumnado do Curso de Alfabetización Dixital do Concello

O alcalde, Alberto González, acompañado das concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, Rosana García e Jessica Sabín, entregaron onte pola mañá os diplomas acreditativos ós veciños e veciñas que realizaron o Curso de Alfabetización Dixital : Informática básica con Internet. Unha acción formativa que arrancaba no mes de abril e que se celebrou, todas as semanas, ata o pasado 11 de xuño.
 
Impartida polo técnico municipal de Cultura Daniel Cartelle, con este curso ofreceuse formación básica no sistema operativo Windows, manexo de Internet e correo electrónico, así como no programa Word.
 
O éxito da convocatoria, superando a demanda as prazas ofertadas, garante a reedición do curso, segundo avanzou no acto o alcalde.