14 prazas de peóns para limpeza de praias 2018

Data: 
Miércoles, 30 Mayo, 2018
Obxecto: 

É obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal de 14 peóns ordinarios de limpeza de praias, mediante o procedemento de concurso-oposición. A referida contratación está subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña. Todo elo de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2015 de 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores, o Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público, a Lei 2/2015, de emprego público de Galicia,  a Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; , e demais disposicións de pertinente aplicación.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación do anuncio no xornal.